Presentación do libro "ESPAÑA S.L. La colmena insostenible", do Dr. D. José Luis Durán Mariño
Neste ensaio de natureza sociopolítica, o autor compara a nación española cunha empresa, onde só ten accións a clase política, a monarquía e algúns banqueiros, o resto son meros contribuíntes. Libro visto desde o prisma dun cidadán desvinculado da política pero moi consciente da realidade do noso país.
A implantación da Partitocracia converteu o Reino de España nunha especie de Sociedade Limitada (S.L.), na que a Monarquía, partidos políticos e sindicatos se reparten a propiedade, mentres o resto dos españois, considerados e tratados como simples parvos útiles para poder manter a farsa democrática, non somos máis que meros contribuíntes aos que lles foi encomendada a sempre gravosa misión de manter a flote a viabilidade económica da empresa.
Ataviando aos seus membros co falso disfraz do servizo público, a Partitocracia xerou desde a súa implantación unha sucesión interminable de personaxes insubstanciais, cada vez máis mediocres e incompetentes, cun menor nivel intelectual e unha máis ruín catadura moral, personaxes indignos das institucións e dos cidadáns aos que din representar e que, parapetados tras unha suposta vocación de servizo público e evocando a lenda de querer servir ao pobo, ao que desprezan no máis íntimo, dirixen os seus destinos sen a menor equidade e xustiza.
O acto de presentación contará coa intervención, ademais do autor, de Xulio Xiz, xornalista.