Presentación do libro "HIJOS DE LA LUZ Y DE LA IRA", de Francisco Álvarez Koki

Eventos
06/20/2024
06/20/2024
20/06/2024

Presentación do libro "HIJOS DE LA LUZ Y DE LA IRA", de Francisco Álvarez Koki

Con prólogo de Francisco J. Castañón

O autor na súa última obra, "Hijos de la luz y de la ira", condúcenos nunha viaxe emocional a través da súa terra natal, Galicia, a contorna do mar e a vibrante cidade de Nova York, onde viviu e atopa inspiración.

Cunha voz poderosa e comprometida, o poeta avoga polo cambio e a mellora da realidade social dos nosos días, lembrando a mestres como Federico García Lorca, Miguel Hernández e José Saramago. 

Os seus versos son un canto á humanidade, onde o amor, a loita social e a emigración entrelázanse nunha poesía que trae o recordo do pasado para gañar o futuro e escorrentar os medos. Como un corazón latexando na cerimonia de vida dos necesitados, Francisco Álvarez Koki escribe para comprender o mundo para cambialo e compartir o que lle doe, buscando tamén a reacción e acción dos lectores para facer posible un mundo mellor. 

A súa poesía é un reflexo da súa conduta como persoa: comprometida, luminosa e humana.

 

20 Xuño 2024
Eventos
Imaxes