Presentación do libro HISTORIA DE BÉLMETOR, de Juan Ignacio Mascareñas, publicado por edición personal

Eventos
03/12/2013
03/12/2013
12/03/2013

Presentación do libro HISTORIA DE BÉLMETOR, de Juan Ignacio Mascareñas, publicado por edición personal

-

Nesta obra o autor desvela o segredo do que eternamente nos chama. A entrañable Compostela, cos seus días e choivas, as súas historias e amores, cautivará aos lectores. Dentro da serie Bajo las lluvias de las tierras ártabras compendianse as Crónicas del Cabildo da Rapa da Folla, cuxa narración comprende os catro libros das crónicas.

Na Historia de Bélmetor o protagonista, coa súa descarnada obsesión pola pureza, estrela a súa vida para alegría do maldito. O maior segredo da súa vida, que se oculta baixo os velos da misteriosa Llamada, non se desenvolve na narración senón que explota como vinganza maldita.

No acto de presentación do libro intervirán, ademais do autor, o escritor Faustino Merchán Gabaldón, xunto ao editor de Opera Prima, edición personal, Antonio Pastor Bustamante.

JUAN IGNACIO MASCAREÑAS desenvolve unha narrativa onde ten lugar a canallada divertida, a maldade que aplaude as súas propias falcatruadas, o discurso incisivo que fere pero, sobre todo, desprega nas súas novelas a auténtica profundidade do ser humano. Os seus personaxes nunca quedan dobregados pola aclamada e sedutora sensatez, senón que sobresaen o que son para entregar aquilo que esconden. Da súa época máis temperá son as "inxestas de rosas": concepto baixo o cal o estilo vaporoso mestúrase cun estilo crítico producindo seus bos froitos.

O autor interesouse pola literatura durante a súa adolescencia. Foi entón cando descubriu nos libros os mundos e aventuras que non tiña ao alcance na súa vida normal. Polo seu carácter de adolescente introvertido sempre se encontrou a gusto rodeado dos personaxes das novelas e demais seres de fantasía que andan ao seu e non se inmiscen na vida do lector.

Na súa etapa de estudante na Universidad Politécnica de Madrid escribiu un conxunto de novelas inspiradas nas vivencias da súa nenez e adolescencia en Galicia. Froito daquel tempo é "Historias del Cron o Tercer libro de las crónicas del Cabildo da Rapa da Folla".

12 Marzo 2013
Eventos