Presentación do libro "Ilustres Xuristas Galegos", de CARLOS LEMA DEVESA

Eventos
10/13/2022
10/13/2022
13/10/2022

Presentación do libro "Ilustres Xuristas Galegos", de CARLOS LEMA DEVESA

A través desta obra Carlos Lema recolle as presentacións que, como presidente de IURISGAMA, tivo a oportunidade de efectuar nos actos de concesión dos Premios Montero Ríos, que se outorgan desde o ano 1995 a un xurista galego que consagrase a súa vida ao mundo do Dereito.

O libro, patrocinado polo Parlamento de Galicia, foi prologado polo seu presidente, Miguel Santalices Vieira, que destaca o merecido desta iniciativa  ao honrar a memoria de xuristas ilustres que alcanzaron a excelencia facendo gala da súa condición de galegos e por convidarnos a recoñecer o papel fundamental do dereito como garante da convivencia e o correcto funcionamento da sociedade.

A obra inclúe a dezanove premiados, comezando polo I Premio Montero Ríos 2000, outorgado a Manuel Fraga Iribarne, e terminando co XX Premio Montero Ríos 2021, concedido a Luís Rodríguez Ennes.

Acompañarán ao autor nesta presentación, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira e o ex presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas.

Ao finalizar o acto, farase entrega dun exemplar ao público asistente.

13 Outubro 2022
Eventos
Imaxes