Presentación do libro "LIBER AMICORUM. FRANCISCO PEÑA. HIJO PREDILECTO DE PONTEAREAS"

Eventos
12/12/2016
12/12/2016
12/12/2016

Presentación do libro "LIBER AMICORUM. FRANCISCO PEÑA. HIJO PREDILECTO DE PONTEAREAS"

-

En maio deste ano Francisco Peña recibiu o honorífico título de Fillo Predilecto de Ponteareas, un recoñecemento a 37 anos de estudo da saúde ambiental. Nesta publicación amigos, compañeiros e coñecidos de Pena Castiñeira enxalzan a súa figura e legado para Galicia.

Francisco José Peña Castiñeira (Ponteareas, 1955), pioneiro e impulsor da saúde ambiental, ten acreditado un recoñecido prestixio en España e a nivel internacional como un avanzado sanitario-ambientalista e xeneralista pola súa plena dedicación durante case catro décadas de intensa actividade á formación en saúde ambiental, da que foi precursor tanto no ámbito universitario como profesional. Ten no seu haber máis de 150 proxectos dirixidos, 73 libros publicados, 184 publicacións científicas e 73 artigos de divulgación, 9 premios de investigación científica e 34 recoñecementos, distincións e galardóns, entre os que cabe destacar o recoñecemento da WHO/OMS pola súa valiosa achega ao proxecto europeo "Healthy Cities".

A publicación inclúe unha bendición do Papa Francisco e tres prólogos a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra; e Xosé Represas Giráldez, alcalde de Ponteareas.

12 Decembro 2016
Eventos