Presentación do libro "MIGAJAS", de Eduardo Soto-Trillo
Coa súa nova novela Eduardo Soto-Trillo volve penetrarse na ficción, esta vez incorporando a sensibilidade e experiencia directa do seu traballo como experto internacional en dereitos humanos en distintos conflitos do mundo, á vez que nos descobre lugares próximos onde as feridas seguen escondidas.
"Migajas" é unha novela intimista sobre os sentimentos na que latexa a constante pregunta sobre a ambigüidade de todas as guerras e a maldade humana, o ciclo eterno entre a dor dos demais e o persoal, e ese lento tránsito desde o horror á paz e a serenidade.
EDUARDO SOTO-TRILLO é xurista internacional e autor de tres libros de crónicas sobre as súas viaxes e investigacións en países en conflito: "Voces sin voz" (2002), sobre Colombia, "Los olvidados" (2004), sobre Guinea Ecuatorial, e "Viaje al abandono" (2011), sobre o Sahara Occidental. No ámbito da ficción, tras a súa primeira novela titulada "Yo nunca" publicada en 2018, un thriller psicolóxico ambientado en Galicia, acollida con gran interese entre a crítica e os lectores, chega a súa nova novela "Migajas".