Presentación do libro A MURALLA COHABITADA. Fotografías de Xosé Reigosa
A idea deste proxecto é homenaxear á Muralla de Lugo no X Aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade e axudar a poñer en valor este monumento esquecido dos lucenses durante moitos anos.
Xosé Reigosa é un dos excelentes fotógrafos que ten Lugo na actualidade.
Este autor levou adiante un proxecto que consistiu en fotografar a persoas do mundo artístico lucense integradas na bimilenaria Muralla de Lugo e que cristalizou nunha exposición fotográfica. Este libro recolle a visión singular deste artista mostrando a co-habitación entre o fotógrafo, o medio e o personaxe que posa.
Con estas fotografías, 50, o autor pretende dar a coñecer a moitos personaxes da cultura, que non son coñecidos do gran público e que están relacionados co monumento porque naceron nesta cidade ou vivido nela durante longas etapas. Participaron, entre outros, Xesús Rábade Paredes, escritor; Arturo Vaquero, compositor musical; Marica Campo, escritora; Xesús Mato, crego, músico e escritor; Manuel Curiel, director da Semana de Cine; Paco Rivera, xornalista...