Presentación do libro, publicado por Edicións Xerais de Galicia, EL AZABACHE Y SU CULTURA EN LA PENÍNSULA IBÉRICA, de Ángel Cardín

Eventos
11/06/2014
11/06/2014
06/11/2014

Presentación do libro, publicado por Edicións Xerais de Galicia, EL AZABACHE Y SU CULTURA EN LA PENÍNSULA IBÉRICA, de Ángel Cardín

-

Este libro, hai tempo reclamado, explica todo o relacionado con esta pedra semipreciosa, amuleto do Camiño de Santiago, pero tamén usada na prehistoria, na época castrexa ou en épocas modernas e con profundas raíces en Asturias e Galicia. O acto contará coa participación de Joaquín Leguina e Angel Cardín.

Este libro é un auténtico tratado do tema, é o resultado de dúas décadas de investigación bibliográfica, de visitas a minas, laboratorios e museos e de ordenación de diversos materiais e pezas.

É un traballo con diferentes enfoques e aportacións como: o acibeche prehistórico na Península, a herdanza romana, a difícil época do paso ao Renacemento a causa da alquimia, a explosión do seu uso que se produce co Camiño, a evolución do termo acibeche en 7 idiomas peninsulares, as potentes investigación atómicas actuais ou o renacemento do oficio en Santiago hai cen anos e a súa situación actual.  Tamén a validación, á luz da Física moderna, do método medieval santiagués de distinción de acibeches bos e malos mediante a proba de "tomar a palla".

Estas e outras materias son na súa maior parte novidosas ou alomenos presentadas e ordenadas nuns novos ámbitos.

Está editado primorosamente por Edicións Xerais de Galicia cunha magnífica maquetación, moitas fotografías e debuxos orixinais. Componse de once capítulos independentes e medidos para que fosen compensados, insistindo especialmente nas minas, nos artesáns asturianos e santiagueses e no período excepcional do Camiño de Santiago e as súas producións artísticas. O libro é de amena lectura e pódese iniciar por calquera capítulo. Preséntase con bibliografías e índices precisos e con interesantes anexos.

En fin, un traballo que enche unha carencia bibliográfica para responder a moitas cuestións sobre esta importante xoia ao longo dos tempos.

06 Novembro 2014
Eventos
Imaxes