Presentación do libro "PUERTAS DEL CAMINO", de Jorge de Vivero, Pepe Tejero e Roberto Díaz

Eventos
10/25/2022
10/25/2022
25/10/2022

Presentación do libro "PUERTAS DEL CAMINO", de Jorge de Vivero, Pepe Tejero e Roberto Díaz

O acto de presentación contará coa participación de Jorge de Vivero, un dos autores do libro; e Marta Rivera de la Cruz, conselleira de Cultura, Turismo e Deporte da Comunidade de Madrid.

O libro, que recolle recensións e imaxes dos 50 accesos máis espectaculares do roteiro xacobeo dos que 21 son galegos, está exposto para abrir ante os lectores unha dobre posibilidade, a de lelo de corrido ou a de ir transitándoo pola orde do seu interese.

Para materializar a obra, De Vivero, xunto aos fotógrafos, Tejero e Díaz, percorreron as oito variantes do Camiño —Norte, Francés, Inverno, Primitivo, Inglés, Fisterra, Portugués e Vía da Prata— en sentido inverso ao habitual. Santiago de Compostela foi por tanto o centro e consideraron os roteiros como os brazos dunha estrela, localizando en cada brazo as portas dos templos máis representativos.

Por outra banda, aínda que moitas das portas poidan resultar familiares, a maioría resultarán un descubrimento para o público.

25 Outubro 2022
Eventos
Imaxes