Presentación do libro "SIGUIENDO AL SOL. Una guía de viajes al fin del mundo", do xornalista e fotógrafo GABRIEL FRAGA DE CAL, editado pola Deputación Provincial de A Coruña.
O fotoxornalista, Gabriel Fraga de Cal, presenta un libro froito dun proxecto universitario que o levou a investigar, cámara e caderno en man, as similitudes entre os imaxinarios atlánticos de Galicia, Bretaña, Escocia e Irlanda.
Gabriel Fraga de Cal presenta o seu novo libro “Siguiendo al sol.Una guía de viajes al fin del mundo”, o luns 25 de xuño, na Casa de Galicia en Madrid.
Trátase dun traballo histórico, xornalístico e visual no que colaboran personalidades como o prior do Purgatorio de San Patricio en Irlanda, Monseñor Richard Mohan; o profesor e é director do Centro de Investigación de Estudios Celtas da Universidade de Bretaña Occidental, Donatien Laurent; o catedrático de Historia Escocesa e profesor da Universidade de Edimburgo, James Fraser; e o arqueólogo, historiador e Decano do Instituto Gallego de Estudios Célticos, Andrés Pena Graña.
Para a realización deste proxecto, o fotoxornalista emprende unha viaxe aos destinos espirituais máis antigos e misteriosos do Atlántico Europeo: San Andrés de Teixido (Galicia), o Purgatorio de San Patricio (Irlanda); Locronan (Francia), e Iona Abbey (Escocia).
Segundo Fraga, hai unha conexión entre o pobo galego e outros países orixinarios celtas tales como Escocia ou Irlanda. Desde un punto de vista histórico e etnolóxico os pobos da Europa Atlántica teñen moitas cousas en común: quizais a máis importante sexa a localización mitolóxica-xeográfica no fin do mundo.
O libro forma parte do proxecto de investigación “Caminos Milenarios de Peregrinación de la Costa Atlántica”, desenvolvodo en colaboración coa Fundación da Universidade de A Coruña e financiado pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña.
A intención do autor foi a de contextualizar a Galicia dentro do panorama europeo. Trátase, por tanto, dun proxecto europeísta de colaboración con Irlanda, Bretaña e Escocia. Esta zona do mundo conta cun patrimonio relixioso-cultural antiquísimo e inigualable.
Este libro é un tributo a unha das culturas máis antigas de Europa.
No acto de presentación intervirán, ademais do autor, Enrique Santín Díaz, presidente da Asociación Cultural de la Vieira; y Gonzalo Ruíz Zapatero, catedrático de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid.
O acto celébrase en colaboración cos "Amigos da Cultura Celta".