Presentación do libro "TRES IMPERIOS", de Alfonso de Sas Prada
Estamos en xullo de 1895, e o levantamento independentista dos mambises puxo en pé de guerra á colonia española. Adriana Castro, a moza de Camariñas, atópase en Cuba en busca do seu pai biolóxico para entender por que os primeiros anos da súa vida foron un engano.
Pola súa banda , Fred, sobrevivente do naufraxio do buque da Royal Navy HMS Serpent, acaecido na Costa da Morte galega en 1890, ignorante de que Adriana deu a luz ao seu fillo, despósase con Annabella Walrond e inicia un novo capítulo da súa prometedora carreira naval.
Esa relación entre os dous protagonistas principais desenvólvese nun momento histórico decisivo, a última década do século XIX, en plena expansión do imperio victoriano, que verá ademais perecer ao imperio español e asistirá ao alumeamento do imperio norteamericano.
Nas páxinas do libro entrecrúzanse numerosos personaxes históricos e de ficción e as peripecias vitais dos protagonistas terán como consecuencia o espertar da conciencia das súas verdadeiras esencias.
ALFONSO DE SAS PRADA. É natural de Ourense, e ah sido definido como un trotamundos, porque se pasou gran parte e a súa vida vivindo e viaxando polo estranxeiro, como consecuencia inevitable do seu traballo como desarrollador de proxectos internacionais. Escritor vocacións desde moi temperá idade, avogado de formación, especialista en enerxía e infraestruturas, afeccionado á música, o cinema e os deportes, políglota e é concursante de televisión, os motores da súa vida foron a curiosidade e o ansia de aprender.