Presentación do libro "UN COCINERO EN EL UNIVERSO. Cartas a Carla", de CARLOS E. RODRÍGUEZ JIMÉNEZ

Eventos
06/26/2014
06/26/2014
26/06/2014

Presentación do libro "UN COCINERO EN EL UNIVERSO. Cartas a Carla", de CARLOS E. RODRÍGUEZ JIMÉNEZ

-

O autor, especialista en Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición, e profesor de Dietética e Nutrición da Universidade Complutense de Madrid, fainos unha invitación permanente á reflexión, a interiorizarnos buscando dentro de nós aquilo que tamén está no exterior que nos rodea. O macrocosmos e o microcosmos nun duelo que nos axudará a coñecer a nosa identidade. Intervirá no acto D. Ramón Tamames, catedrático de Economía.

Este libro fálanos de estimular a intelixencia, pensar ben, vivir ben, opinións que inciden en aptitudes e actitudes humanas. Unha viaxe desde as difusas fronteiras da nosa misteriosa orixe, cara ao noso desenvolvemento e comportamento como individuo e sociedade. Un recordatorio físico e metafísico da nosa posible orixe, unha invitación a profundar no macro e microcosmos, unhas consideracións sobre o comportamento humano persoal e colectivo. Unha necesidade urxente de estimular unha conciencia realmente humana, conciencia, moral e ética, que debería ser o verdadeiro pan noso de cada día.

Os cociñeiros do Universo somos cada un de nós e somos así nada máis nacer elixindo as materias primas máis oportunas para desenvolvernos, con soltura, nesta gran cociña que é a vida.

O Dr. Carlos Enrique Rodríguez Jiménez é médico. Especialista en exercicio de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición e en Biopatoloxía. É presidente da Comisión de Nutrición e Metabolismo. Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Madrid. Profesor da UNESCO. Director Médico do Centro de Especialidades Médicas Núñez de Balboa.

Tamén é fundador e presidente de Silos Punto de Encontro da súa Escola de Pensamento, entroncada e auspiciada polo Monasterio Benedictino de Santo Domingo de Silos. É fundador e presidente da Asociación Española de Psiconutrición. 

26 Xuño 2014
Eventos
Imaxes