Presentación do libro "VIDA DE CARMEN MARTÍN GAITE", de Natalia Velasco, publicado pola Asociación Matritense de Mujeres Universitarias
Este libro, que pertence á colección "biografías de mujeres", está promovida pola Asociación Matritense de Mujeres Universitarias, coa que pretende facer chegar a un público maioritario a vida e obra dunha serie de mulleres que brillaron con luz propia en diversas disciplinas: filosofía, matemáticas, literatura, música, pintura...
Intervirán no acto, ademais da autora, Inés Alberdi, socióloga; e María Luisa Maillard, de Eila Editores.
CARMEN MARTÍN GAITE (1925-2000) é unha das autoras máis representativas da Xeración dos 50. Cultivou a novela, o ensaio, o artigo e a tradución con parecida fortuna pois para ela é o amor ás palabras, aliadas da imaxinación, quen nos pode levar a tecer discursos que nos abran á comprensión dos seres humanos. A súa escritura transcendeu o realismo social no que se iniciou a súa xeración, abríndose aos cambios que experimentou a novela no século XX. Entre outros galardóns recibiu o premio Nacional de Literatura en 1978 e o Príncipe de Asturias en 1988.
NATALIA VELASCO naceu en Cantimpalos, Segovia. É licenciada en Filoloxía Francesa pola Universidade Complutense de Madrid e en Arte Dramático pola Middlesex University of London. É vicepresidenta da Asociación Matritense de Mujeres Universitarias e promotora, xunto a María Luisa Maillard e Susi Álvarez, desta Colección de Biografías de Mujeres.