16/09/2024
Presentación do libro 'Zapatones, el peregrino eterno', de María José Lorenzo
A escritora galega María José Lorenzo presenta na Casa de Galicia 'Zapatones, el peregrino eterno'. Nesta obra, a autora relata a historia do popular personaxe Juan Carlos Balsas Lema, coñecido popularmente como Zapatones. Vestido de peregrino medieval converteuse nun auténtico embaixador do Camiño de Santiago.
María José Lorenzo estará acompañada pola xornalista galega Pilar Cernuda nun acto no que tamén participarán outro compañeiro de profesión, Israel García-Juez, o ex xogador de baloncesto Fernando Romay e o editor do libro Gonzalo Sáenz.
16 Setembro 2024
Eventos