Presentación do Plan de Mecenado da Catedral de Santiago de Compostela; e conferencia "A Catedral de Santiago. Unha obra mestra do patrimonio universal", a cargo de Francisco Prado-Vilar, profesor de Historia da Arte da UCM

Eventos
10/22/2013
10/22/2013
22/10/2013

Presentación do Plan de Mecenado da Catedral de Santiago de Compostela; e conferencia "A Catedral de Santiago. Unha obra mestra do patrimonio universal", a cargo de Francisco Prado-Vilar, profesor de Historia da Arte da UCM

-

Na presentación do Plan de Mecenado intervirán D. Daniel Lorenzo, cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela; e D. Francisco Domínguez, administrador xeral do templo.

A Catedral de Santiago de Compostela porá en marcha un plan de mecenado para cubrir as necesidades derivadas da financiación das obras de restauración e conservación previstas no seu plan director e necesarias para a conservación do conxunto monumental.

É unha necesidade perentoria encontrar financiación para acometer as obras máis urxentes do templo, xa que a basílica, como final da ruta xacobea, é centro de atracción e económico non só para a cidade senón para toda Galicia.

Esta iniciativa, que se xestionará a través da Fundación Catedral de Santiago, é continuación do proceso iniciado hai uns meses para mellorar a xestión e funcionamento da basílica e se articulará en torno a catro modalidades de colaboración.

A restauración da fachada do Obradoiro é prioritaria. A urxencia desta intervención vén derivada do deterioro de boa parte do conxunto arquitectónico da fachada, imprescindible ademais para poder iniciar os traballos de restauración do Pórtico da Gloria, que segundo os estudos preliminares previos está afectado pola humidade e as filtracións de auga.

O Plan de Mecenado irá orientado tanto a particulares, a través dun programa de Amigos da Catedral, como a empresas e institucións que desexen colaborar na necesaria restauración do conxunto catedralicio.

22 Outubro 2013
Eventos
Imaxes