12/03/2024
Presentación do podcast "O Peregrino: A aventura do Camiño de Santiago", polo xornalista David Mulé
‘O Peregrino: A aventura do Camiño de Santiago’ chega a Audible coa voz do xornalista e produtor de podcast, David Mulé, que narra en primeira persoa como vive un peregrino as diferentes etapas do Camiño e de onde vén a maxia que rodea a este roteiro milenario
Durante máis de 900 km, o xornalista, David Mulé, descubrirá ao oínte os monumentos e bens de interese de cada etapa, así como as historias, promesas e vivencias daqueles que percorren o Camiño.
O obxectivo da presentación é dar a coñecer unha obra relacionada co Camiño de Santiago, da que Galicia protagoniza gran parte.
Trátase dun evento dirixido a todas aquelas persoas interesadas no Camiño de Santiago, que cada vez son máis debido ao incesante crecemento de peregrinos ano a ano.
12 Marzo 2024
Eventos
Participantes
Francisco Izuzquiza, presentador de "A escóbula do compás".
David Mulé, xornalista, director e presentador de "O Peregrino".
Miguel Galguera, deseñador sonoro de "O Peregrino".
Arantxa Zunzunegui, Sr. Producer Originals de Audible.
Juan José Sánchez-Oro, historiador.
Antón Pombo, xornalista e escritor de guías do Camiño de Santiago.