Presentación do poemario "HORAS MOLLADAS", de Juanjo Carracedo

Eventos
05/22/2024
05/22/2024
22/05/2024

Presentación do poemario "HORAS MOLLADAS", de Juanjo Carracedo

As ilustracións do libro, publicado pola editorial Medulia, foron realizadas por Alicia González Mangas e o prólogo correu a cargo de Manuel Pereira Valcárcel.

Trátase do primeiro poemario en galego do poeta Juanjo Carracedo. É unha reflexión sobre o contraste experiencial vivido polo autor durante todos os seus veráns na Galicia rural das súas orixes e en Madrid do resto do ano no que se formou e vivido. Os dous polos da súa experiencia convértense na metáfora dunha actitude vital construtiva e creativa: nada está perdido mentres haxa posibilidade de facer que o tempo sexa fértil.

Para o autor, "Horas molladas" é un sereno libro de amor. Amor familiar, amor á terra, amor ao Cantábrico, amor pola palabras inaugurais, amor polas palabras gregas, amor pola mirada atrás e amor aos horizontes. A memoria vai seleccionando imaxes e palabras para abrir con elas unha mostra ampla, vigorosa e fonda.

JUANJO CARRACEDO (1975) formouse na "Aula de Poesía José María Valverde", fundade en 1989 no Instituto Ramiro de Maeztu polo poeta peruano Antonio Cillóniz. Estudou Filoloxía Clásica e Hebrea na Universidade Complutense, é doutor en lingüística indoeuropea e Profesor de Ensino Secundario da especialidade de Grego en Madrid. Publicou artigos poemas propios e traducións en poemarios colectivos e en revistas.

O seu primeiro libro de poemas en castelán "... Do ceo baixan" apareceu en 2021 na editorial Celesta.

 

22 Maio 2024
Eventos
Participantes
Manuel Pereira Valcárcel, autor do prólogo e poeta
Alicia González Mangas, ilustradora
Juan Luna, gaiteiro e encargado das paisaxes sonoras
Juanjo Carracedo, autor do poemario
Imaxes