Presentación do poemario "ME DISTE LA TIERRA", de Branca Vilela, publicado por Ediciones Pigmalión

Eventos
11/19/2013
11/19/2013
19/11/2013

Presentación do poemario "ME DISTE LA TIERRA", de Branca Vilela, publicado por Ediciones Pigmalión

-

A obra poética de Branca Vilela é unha aventura literaria de primeira magnitude, que aparece confirmada coa publicación do seu novo poemario "Me diste la tierra", un libro ambicioso, aparente inventario de esperanzas, onde os verdadeiros protagonistas dos seus versos son os sentimentos e reflexións da propia autora.

Branca Vilela  cóntanos quen quixemos ser, quen somos. Faino conmovidamente, cunha sabiduría que non se envenena de resignación nin de reproche. A autora respira neste poemario coas aves, os cabalos e as árbores, coñece os vales, adéntrase no presente desde a antiga corrente dos séculos que transitamos e que nos traspasan. Pero ao mesmo tempo, Branca Vilela é unha autora radicalmente contemporánea, cunha escritura actual, que irrompe no lector sen contemplacións desde o hoxe, desde o inmediato e concreto. 

Me diste la tierra é un libro ambicioso que se estrutura en catro partes: Encuentros, Hundidos en la piel, Amores imaginados, Espero e un poema-epílogo. Branca Vilela, sen quedar nunca desdebuxada, amósase poliédrica, xenerosa de rostros e texturas.

BRANCA VILELA realizou estudos de Xestión Empresarial. Da man de Camilo José Cela publica os seus primeiros poemas. Despois de permanecer durante moitos anos afastada do mundo literario, irrompe con Anclas varadas en la memoria (2004). Con A faciana das augas (2005) participa nun estudo da Universidade de Dakota do Norte polo cal recibe a mención de honra da crítica norteamericana ao mellor poemario escrito en lingua romance. Préstame tu voz (2008) é finalista do II Certame Internacional Rubén Darío 2008 e conta coa colaboración de Aministía Internacional, a quen destina os beneficios. Con Daniel y un día especial iníciase en contos para nenos.

Os seus poemas aparecen publicados nas revistas de diferentes universidades de EE.UU. e foron traducidos a diversos idiomas.

Pertence á Comisión de Mulleres Escritoras do Pen Club Internacional e é socia-fundadora de Pen Club España. Colabora en revistas nacionais e internacionais. É codirectora das Xornadas Literarias Cabo Finisterre, Patrimonio Cultural Europeo. Participa en diferentes recitais, congresos e aparece en diversas antoloxías.

No acto de presentación do libro intervirán, ademais da autora, Vicente Araguas, crítico literario e escritor; Ramón Irigoyen, poeta, escritor e artista; Gloria Nistal, escritora; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial-Pigmalión.

19 Novembro 2013
Eventos
Imaxes