Presentación do poemario "SILENCIO HABITADO", de Olga Patiño Nogueira

Eventos
11/11/2013
11/11/2013
11/11/2013

Presentación do poemario "SILENCIO HABITADO", de Olga Patiño Nogueira

-

O poemario está publicado en edición bilingüe español-galego pola editorial Pigmalión e prologado pola poetisa Luz Pozo Garza.

No acto de presentación do libro intervirán, ademais da autora, Miguel Losada, crítico literario e escritor; Antonino Nieto, poeta, escritor e artista; Milagros Frías, escritora e xornalista; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo editorial Sial-Pigmalión.

Amenizará o acto Orlis Pineda.

OLGA PATIÑO NOGUEIRA é profesora, actriz, poeta e directora de teatro. Colabora en revistas, xornais ademais de coordinadoa do libro de artista "Poema dos Caneiros" con textos de Uxío Novoneyra e gravados de Jesús Núñez.

A súa obra poética atrangue "Latexos fragmentados" (2002), "Atmosferas" (2007), "Tempo en desuso" (2008), "Natureza haiku- Libro de artista" (2010).

Ademais da publicación do poemario "Silencio habitado", tamén está a traballar no conto "Noalba: a terra do sol-aluado" e en "Microrrelatos (relatos bonsái)". 

11 Novembro 2013
Eventos
Imaxes