Presentación do programa das festas patronais de San Froilán 2015, pola Alcaldesa Presidenta do Excmo. Concello de Lugo, Lara Méndez López
Do 3 ao 12 de outubro de 2015, Lugo celebrará a súa festa patronal, de interese turístico nacional, San Froilán 2015. A cidade vestirase de festa para gozar dunha programación que estará chea de actividades para todas as idades.
Nesta nova edición contarase con San Froilán Miudo 2015 con actividades para os máis pequenos, concertos coma o de Batital, Luar na Lubre, Treixadura, e M-Clan entre outros, pasacalles e as sempre reclamadas orquestras.
Ademais, volverá a celebrararse a segunda edición de Gastroarte, a feira de artesanía e gastronomía que pretende promover os produtos gastronómicos e artesáns lucenses aproveitando a afluencia de visitantes á capital durante os días da celebración do San Froilán.
Tamén se introducirán novidades, como un espazo dedicado a diversas disciplinas artísticas, como a pintura, a música ou a literatura.
Este ano decidiuse por unanimidade nomear ao escritor e académico Darío Xohán Cabana como pregoneiro deste San Froilán.