Presentación do programa de festas patronais de San Froilán 2017

Eventos
09/19/2017
09/19/2017
19/09/2017

Presentación do programa de festas patronais de San Froilán 2017

-

O acto contará coa asistencia da alcaldesa presidenta do Excmo. Concello de Lugo, Lara Méndez e a concelleira de Cultura e Turismo de Lugo, Carmen Basadre Vázquez.

A orixe destes festexos que se celebran en Lugo remóntase a 1754. Desde entón, convertéronse nunha das citas festivas máis importantes de Galicia.

Entre os días 4 e 12 de outubro, Lugo vive as Festas de San Froilán, declaradas Festas de Interese Turístico Nacional, cuxa celebración atrae por centos de miles de visitantes cada ano. Dentro do programa destacan, sobre todo, dous das xornadas festivas: o 5 de outubro, cando teñen lugar os actos relixiosos en honra ao patrón San Froilán; e o domingo seguinte, o chamado  "Domingo das Mozas", que está dedicado á exaltación do traxe tradicional e ó folclore galego. Durante estes días, nas rúas da cidade sucédense os desfiles de cabezudos, as charangas, os mercadillos e os espectáculos de maxia e malabares.

Nestes festexos, os nenos adquiren un protagonismo especial co San Froilanciño, un conxunto de actividades organizadas para eles que inclúe xogos populares, competicións de xadrez, obras de teatro e o Festival Internacional de Marionetas, onde se poden contemplar as marionetas máis antigas de Europa. As festas despídense o 12 de outubro cun emocionante espectáculo de fogos artificiais que pon o punto final ata o ano seguinte.

19 Setembro 2017
Eventos
Imaxes