Presentación do proxecto discográfico “CORRIENTE DEL GOLFO” e recital de jazz latino a cargo de DIANA TARÍN, voz; e ALBERTO CONDE, piano

Eventos
12/15/2023
12/15/2023
15/12/2023

Presentación do proxecto discográfico “CORRIENTE DEL GOLFO” e recital de jazz latino a cargo de DIANA TARÍN, voz; e ALBERTO CONDE, piano

O proxecto musical Corriente del Golfo liderado polo pianista e compositor galego Alberto Conde xunto á cantante cubana Diana Tarín, ofrece unha viaxe sonora a través de múltiples territorios, fusionando o jazz latino con influencias da cultura española, galega e cubana. Este proxecto musical -que acaba de ser lanzado como un dobre CD- celebra os lazos culturais e musicais entre a Península Ibérica, Galicia, Nova York e Cuba.

O repertorio de Corriente del Golfo inclúe tanto composicións orixinais como reinterpretacións de cancións tradicionais de ambos os lados do Atlántico. Réndese homenaxe a figuras crave como Manuel de Falla e Lorca, incluíndo un dos “Seis poemas galegos” do poeta español. Tamén se destacan composicións baseadas en poemas de María Muñoz Portal, unha figura destacada na música contemporánea cubana, así como obras inspiradas en Dulce María Loynaz, Curros Enríquez e José Castro “Chané”.

O proxecto conta coa participación de músicos galegos, cubanos e portugueses, entre eles Nani García, Roberto Somoza, Javier Cedrón, Clara Groba, Carlos Castro, Yissy García, Sergio Delgado, Ana Ferreira e José Valente. Ademais, súmanse a Orquestra de Cámara 430 de Vigo e o coro Rías Baixas.

Despois da presentación terá lugar un recital de jazz latino, durante o cal, Diana Tarín acompañada ao piano por Alberto Conde, interpretarán varios temas do disco.

 

PROGRAMA

[composicións orixinais e arranxos ou adaptacións musicais de Alberto Conde de Léon]

  • Song for Goa (Alberto Conde de León)

  • Si me quieres, quiéreme entera (Alberto Conde de León & Doce María Loynaz)

  • Harlem [Drop Me off in Harlem] (Edward Kennedy “Duke” Ellington & Luís G. Cuntín [colaxe sobre textos de “Poeta en Nova York” de Federico García Lorca]

  • Son de negros en Cuba (Alberto Conde de León & Federico García Lorca)

  • Ocúltale (Elda Julia Carrillo)

  • Unha noite na eira do trigo (José Castro González “Chané” & Manuel Curros Enríquez)

  • Entroido Rumba (Alberto Conde de León)

  • Nature Boy (Eden Abhez)

15 Decembro 2023
Eventos
Participantes
Carlos López Martín, crítico musical (Clásica FM)
María Antonia Muñoz, sobriña neta de María Muñoz Portal
Luis G. Cuntín, co-produtor executivo e asesor literario de “Corriente del Golfo”
Alberto Conde, pianista
Diana Tarín, cantante
Imaxes