Presentación do proxecto "ESTRUGAS. Unha opción máis para a economía galega", pola Asociación Cultural As Ortigas, de Celanova

Eventos
09/16/2016
09/16/2016
16/09/2016

Presentación do proxecto "ESTRUGAS. Unha opción máis para a economía galega", pola Asociación Cultural As Ortigas, de Celanova

-

O proxecto, presentado por membros da directiva do ente galego, está dirixido á recuperación, divulgación e aproveitamento gastronómico das propiedades da planta Urtica dioica.

Terminada a presentación, ofrecerase unha degustación de produtos culinarios cuxo ingrediente principal é a ortiga.

Unha cervexa artesá con ortigas é a última incorporación á listaxe de produtos que, na última década, sacou ao mercado a Asociación Cultural As Ortigas con sede na parroquia celanovesa de Amoroce.

Diferentes feiras e eventos gastronómicos de Galicia ou Castela e León foron os primeiros catadores da primeira edición desta cervexa da que se distribuíron 700 botellas de 33 centilitros e un litro. A bebida, con pouco carbónico, é de cor amarelada e certo pouso amargo. Ten un gusto un pouco bravío, onde a ortiga nótase pero non molesta.

A bebida completa un lote de produtos que, coa ortiga como ingrediente, forma parte do "Proxecto Estrugas" que persegue a recuperación e aproveitamento das propiedades da variedade "urtica dioica", como o licor de ortigas en lata ou cristal, deshidratadas con hierbaluisa para infusións ou ungüentos, pero tamén champús e xabóns con ortigas, resaltando as súas calidades culinarias e os seus usos medicinais.

 

16 Setembro 2016
Eventos
Imaxes