Presentación do vídeo musical promocional de Lugo e a súa provincia "I"M FROM LUGO & I DON"T DENY IT"

Eventos
05/22/2014
05/22/2014
22/05/2014

Presentación do vídeo musical promocional de Lugo e a súa provincia "I"M FROM LUGO & I DON"T DENY IT"

-

Un proxecto realizado polo grupo musical "BATITAL" de Lugo e promovido pola Asociación Cultural do mesmo nome, no que participaron máis de 1000 lucenses. O obxectivo do vídeo é promover a unidade da cidade para que fóra de Lugo se fale das súas riquezas.

No acto intervirán D. Francisco M. Fernández Muinelo, presidente da Asociación Cultural "BATITAL"; D. Marcos Barrios Carreira, director técnico do proxecto e Dª Roser Ares Rodríguez, actriz protagonista.

A idea xurdiu a raíz dunha composición do grupo co lema "I"m from Lugo & I don"t deny it", impresionante campaña promovida polo diario El Progreso que tivo unha gran aceptación entre os lucenses de todo o mundo. A iniciativa deste septeto conseguiu a adhesión de personalidades de gran relevancia do mundo da cultura e o deporte.

O grupo Batital produciu o vídeo promocional da cidade con intervención de coñecidos lucenses como o actor Luis Tosar, a escritora Marta Rivera de la Cruz, o director de Informe Semanal Jenaro Castro ou o porteiro do Real Madrid Diego López, entre outros.

O vídeo acaba cun "lip dub" da pegadiza canción que se gravou na Praza Maior de Lugo e na que participaron numerosos lucenses.

O acto de presentación finalizará cun breve concerto acústico de Batital, no que interpretarán temas propios, salvo unha versión orixinal da coñecida "Negra sombra" de Juan Montes.

22 Maio 2014
Eventos
Imaxes