Presentación documental 'aMAR' e campaña 'Azul de Portosín'

Eventos
12/11/2024
12/11/2024
11/12/2024

Presentación documental 'aMAR' e campaña 'Azul de Portosín'

O documental ‘aMAR’, dirixido por Lorena do Merlo, relata o día a día das persoas que traballan na Confraría de Pescadores de Portosín. Con esta peza a directora pretende dar visibilidade ao traballo de todas as mulleres e homes que se adican ao mar e á pesca do cerco.

Xunto con esta estrea a Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da campaña 'Azul de Portosín', un proxecto da mesma confraría para poñer en valor as especies que captura a flota local.

A presentación terá lugar o mércores 11 de decembro ás 19:30 horas na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma. 

11 Decembro 2024
Eventos
Imaxes