10/02/2025
Presentación dos libros de Armando González e recital de María do Ceo
O escritor Armando González presenta na Casa de Galicia en Madrid os seus libros ‘Contos sen parche no ollo, nin pata de pau’, ‘Pasos na Azotea’ e ‘Escolma imposible (e incorrecta)’. Estará acompañado da cantante galega María do Ceo, que presenta tamén os seus discos ‘María do Ceo canta a Armando González’ xunto con José Salgado y Alex Salgado.
A presentación será o luns 10 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.
10 Febreiro 2025
Eventos