Presentación e proxección da curtametraxe "ENTRE FÍOS E RAÍCES"

Eventos
05/21/2024
05/21/2024
21/05/2024

Presentación e proxección da curtametraxe "ENTRE FÍOS E RAÍCES"

Este documental foi impulsado polo Concello de Castrelo de Miño e pola Asociación Trebellos.

A curtametraxe ten como escenario Castrelo de Miño e o seu obxectivo é combater o idadismo, visibilizar a soidade non desexada e apoiar ás mulleres no rural. 

As protagonistas da cinta, seis mulleres con idades comprendidas entre os 80 e 91 anos, narran como é a súa vida e as actividades que fan para manterse activas e ter un estilo de vida saudable. Todas estas mulleres, veciñas deste pequeno concello do rural ourensán, son valentes mulleres que contan as súas experiencias vitais, desde ter que emigrar e deixar a súa terra e aos seus, as súas vivencias de mozas, o retorno ás orixes... e o devir do presente.

Ao acto de presentación asistirán as protagonistas da curtametraxe, a directora de Trebellos Mediación, a directora da Casa do Maior de Castrelo de Miño e a traballadora social do Concello, Inmaculada Victorino.

21 Maio 2024
Eventos
Participantes
Avelino Pazos Pérez, alcalde de Castrelo de Miño.
María Sol Alonso, concelleira de Servizos Sociais de Castrelo de Miño.
Imaxes