Presentación en Madrid do "16 OUTONO GASTRONÓMICO EN TURISMO RURAL"

Eventos
10/17/2022
10/17/2022
17/10/2022

Presentación en Madrid do "16 OUTONO GASTRONÓMICO EN TURISMO RURAL"

Trátase da 16ª edición da campaña “Outono Gastronómico”, na que participan 73 casas rurais das catro provincias galegas, que ofrecerán, entre o 16 de setembro e o 18 de decembro, dous menús diferentes deseñados especificamente para a campaña, que incluirán na súa composición produtos galegos con certificación de calidade. Dos 73 establecementos rurais participantes, 22 atópanse na provincia da Coruña, 19 en Lugo, 17 en Ourense e 15 en Pontevedra.

No acto de presentación intervirá o director da Casa de Galicia, Juan Serrano, e a directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, que detallará os aspectos máis relevantes desta edición.

A relevancia vén dada, tanto por parte dos locais colaboradores como do público que, ano a ano, participa nesta difusión da oferta turística galega ao redor do ámbito rural, da que ata o de agora xa se beneficiaron máis de 77.615 persoas.

Así mesmo, esta cita é unha gran oportunidade para a promoción de produtos singulares da gastronomía de Galicia así como das 5 denominacións de orixe dos viños e os licores tradicionais da comunidade autónoma.

17 Outubro 2022
Eventos
Imaxes