Presentación en rolda de prensa da XLVI edición da "FEIRA DO COCIDO DE LALÍN"

Eventos
01/28/2014
01/28/2014
28/01/2014

Presentación en rolda de prensa da XLVI edición da "FEIRA DO COCIDO DE LALÍN"

-

A "Feira do Cocido de Lalín" é un referente imprescindible no calendario gastronómico galego. O Mes do Cocido celebrarase desde o 15 de xaneiro ao 14 de febreiro. O 23 de febreiro será o día grande, culminando así un mes de actividades arredor deste prato típico. 

As orixes desta feira remóntanse ao ano 1968, cando varios municipios da comarca do Deza reuníronse para preparar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos relacionados coa gastronomía típica da zona. Actualmente están implicados decenas de establecementos, en concreto, 24 restaurantes. Ademais de Combarro e Sanxenxo de Madrid, que celebran do 28 de xaneiro ao 28 de febreiro as Xornadas Gastronómicas do Cocido de Lalín en Madrid.

A festa compleméntase cunha serie de actos festivos como o desfile de carrozas, bailes, comparsas, concertos, exposicións e a Gala de Gastronomia, onde se entregan os Premios de Gastronomía de Galicia.

28 Xaneiro 2014
Eventos
Imaxes