Presentación en rolda de prensa do programa "ARDE LVCVS 2014", polo Concello de Lugo

Eventos
06/04/2014
06/04/2014
04/06/2014

Presentación en rolda de prensa do programa "ARDE LVCVS 2014", polo Concello de Lugo

-

Esta festa, que alcanza a súa 13ª edición, obtivo o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego. No acto de presentación intervirán o alcalde de Lugo, D. José López Orozco; e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Dª Carmen Basadre.

A 13ª edición do Arde Lucus celebrarase desde o 13 ao 15 de xuño con máis de 200 actividades, das que 70 son novas con respecto a edicións anteriores, aínda que se seguen mantendo as clásicas.

O centro histórico da cidade énchese de actividades que recrean os inicios de Lucus Augusti e das que gozan lucenses e visitantes de todas as idades. As rúas se engalanan para transportar a todos os participantes aos tempos da Antiga Roma, cada praza terá actividades para todas as idades, para que todos gocen da festa e que o casco histórico se convirta nunha cidade máxica que faga viaxar no tempo.

Entre as novidades figuran, entre outras, que preto de 800 persoas das asociacións romanas e castrexas e das tropas que visitan Lugo doutras zonas de España e Portugal, desfilarán pola Ronda da Muralla. Tamén estarán os gladiadores romanos chegados de Bérgamo e que interactuarán co público que asista ás súas loitas. Haberá un irmanamento entre a asociación cultural Tierraquemada de Numancia e as asociacións Guardia Pretoriana e Trebas Galaicas.

04 Xuño 2014
Eventos
Imaxes