Proxección-coloquio "ASOLAGADOS", un documental de David Vázquez sobre os pobos, e as súas xentes, anegados polo encoro de Belesar en 1963
No acto intervirá, ademais do seu director, a produtora, Cristina López, membros do equipo de gravación "Coa auga ó pescozo".
O documental "Asolagados" narra o antes e o despois dos pobos anegados polas augas do río Miño trala construción do encoro de Belesar en 1963: Abideira, Porto, Castro, Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hernida, Ribó...
Trátase dunha gravación de imaxes dos restos das casas, fornos, hórreos, adegas, árbores, vides... e, sobre todo, das dez testemuñas entrevistadas nestes mesmos "paraísos asolagados" que volveron a ver a luz en 2011. Imaxes e sons que describen o cambio dunha parte da paisaxe da Ribeira Sacra e dunhas persoas que se veron obrigadas a reinventar vida e costumes.
A película será proxectada en galego con subtítulos en castelán.