16/10/2024
Ramón Trillo presenta o libro 'Unha terceira apócrifa, diálogos de cataluña e outros escritos profanos'
O maxistrado Ramón Trillo, ex presidente da Sala 3ª do Tribunal Supremo, presenta na Casa de Galicia en Madrid a obra 'Unha terceira apócrifa, diálogos de cataluña e outros escritos profanos', con artigos publicados polo autor en distintos medios e con prólogo de Luis María Díez-Picazo, maxistrado do Tribunal Supremo. Na presentación participarán tamén o director da Real Academia Española, Santiago Muñoz Machado, e o vicepresidente emérito do Tribunal Constitucional, Juan Antonio Xiol Ríos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
16 Outubro 2024
Eventos