Recital de guitarra "Isaac Albéniz: Recuerdos de España", por SERGIO FRANQUEIRA BARCA.

Eventos
09/17/2012
09/17/2012
17/09/2012

Recital de guitarra "Isaac Albéniz: Recuerdos de España", por SERGIO FRANQUEIRA BARCA.

-

A música clásica chega á capital de España da man do concertista Sergio Franqueira, que ofrecerá ao público asistente dúas das suites máis coñecidas do compositor Isaac Albéniz en transcripcións completas para guitarra.

Sergio Franqueira é Titulado Superior en Guitarra Clásica polo Conservatorio Superior da Coruña, con Matrícula de Honra en Guitarra e no Recital de Fin de Carreira, e Mención de Honra á Excelencia musical da Fundación Paideia-Xunta de Galicia, realizando os seus estudos co profesor Eulogio Albalat.

Paralelamente realiza estudos de trombón. É Máster en Guitarra e Interpretación musical pola Universidade de Extremadura, estudando co mestre Ricardo Gallén, estudos que realiza tras obter una bolsa da Deputación da Coruña.

Ademais, ampliou os seus estudos na Universidade Mozarteum de Salzburgo, onde permanece dous anos realizando estudos de Postgrado co mestre Eliot Fisk, estudos que finaliza coa calificación de 1, becado pola Fundación Segundo Gil Dávila.

É diplomado en Estudos Avanzados sobre Música Española do Século XX pola Universidade de Santiago de Compostela, programa de estudos no cal actualmente prepara a súa Tese Doctoral.

Asistiu aos cursos de verán sobre música española "Música en Compostela", onde estudou co Catedrático José Luis Rodrigo, e obtivo o Premio da Fundación Victoria e Joaquín Rodrigo. Paricipou en Master Classes de gran número dos máis destacados intérpretes da actualidade, como David Rusell, Joaquín Cierch, Roberto Aussel, Sergio Assad, Zoran Duckic, Carlo Marchione, Juan Carlos Rivera, Ricardo Barceló, José Manuel Fernández, Pavel Stedl, Roland Dyens, Carles Trepat, Alex Garrobé, Marco Socías...

Realizou as gravacións "Impresiones" e "Isaac Albéniz: Recuerdos de España". Actualmente traballa como profesor do Conservatorio Profesional de Música de Melide.

PROGRAMA

Suite España Op. 165, Isaac Albéniz

      Preludio

      Tango

      Malagueña

      Serenata

      Capricho Catalán

      Zortzico

Suite Española, Op. 47, Isaac Albéniz

      Granada

      Cataluña

      Sevilla

      Cádiz

      Asturias

      Aragón

      Cuba

      Castilla

17 Setembro 2012
Eventos