Recital de piano de María Mendoza, "MARÍA MENDOZA: A TRAVÉS DAS CANTIGAS DE AMIGO DE MARTÍN CODAX E DAS MELODÍAS TRADICIONAIS GALEGAS"

Eventos
06/24/2024
06/24/2024
24/06/2024

Recital de piano de María Mendoza, "MARÍA MENDOZA: A TRAVÉS DAS CANTIGAS DE AMIGO DE MARTÍN CODAX E DAS MELODÍAS TRADICIONAIS GALEGAS"

María Mendoza, pianista e compositora premiada nacional e internacionalmente e membro da Asociación Galega de Compositores, presenta un concerto de piano atípico, sorprendente, dirixido a todos os públicos, que non deixa indiferente.

A pianista e compositora presenta as súas pezas de inspiración galega en directo, pero tamén dialoga co público para explicar o proceso creativo da súa obras e recibir o feedback directo do público.

Son dous as súas fontes de inspiración: as cantigas de amigo de Martín Codax e as melodías tradicionais galegas coas que crea pezas novas, ás veces sorprendentes, para dar voz ao pasado.

PROGRAMA

Cantigas de Martín Codax: Ondas do mar de Vigo, Madad'o comigo, Mia irmana fremosa, Eno sacro, en Vigo.

Pezas de creación propia baseadas en melodías tradicionais galegas: Como queres que che rolde, Tocadoro do pandeiro, Para quen entrou non baile, A miña burriña, Segador que ben segas.

24 Xuño 2024
Eventos
Imaxes