Recital poético "DICIR O VERSO" (Un percorrido, a grandes pasos, pola poesía española), por MARIANO TURIEL DE CASTRO, Presidente do Casino de Madrid

Eventos
10/22/2012
10/22/2012
22/10/2012

Recital poético "DICIR O VERSO" (Un percorrido, a grandes pasos, pola poesía española), por MARIANO TURIEL DE CASTRO, Presidente do Casino de Madrid

-

 Mariano Turiel de Castro, cunha ocupación multidisciplinar, farmacéutico que vive a súa profesión con vocación e dedicación; e profesional dos medios de comunicación, chega á Casa de Galicia en Madrid para ofrecernos un recital poético no que evocará aos principais poetas da Historia da Literatura Española.

MARIANO TURIEL DE CASTRO, Doutor en Farmacia, é membro da Real Academia de Doutores de  España. Así mesmo exerceu durante moitos anos a docencia na Universidade Complutense de Madrid. Polos seus anos de dedicación e entrega á profesión, así como polas súas valiosas aportacións, foille outorgada a Medalla ao Mérito Farmacéutico.

Como periodista participou en programas de radio como "La Rebotica" e "Autor Autor",  e en televisión foi guionista e coordinador de programas culturais e educativos.

No seu longo historial de comunicador ten no seu haber máis dun centenar de conferencias, discursos e recitais en foros nacionais e estranxeiros.

Actualmente é presidente do Casino de Madrid e dirixe a prestixiosa Revista Casino de Madrid que el mesmo fundou.

Tamén é presidente da Federación Española de Círculos y Casinos Culturales de  España.

O ensaio e a poesía e, en xeral, a inquietude literaria, son constantes que o definen permanentemente, tal vez como consecuencia da súa insaciable afición á lectura.

A Historia, a Filosofía, a Política e, en xeral, os temas relacionados coa vida e o pensamento do hombre, foron sempre obxecto do seu estudo y da súa produción literaria. 

A súa actividade de investigador e escritor quedou plasmada en interesantes libros como "Antropología y Ciencias Médicas en la Obra de Francisco de Quevedo", "Vida, obra, personalidad y pensamiento del Dr. Marañón" e "León Felipe, un poeta farmacéutico: Su vida y obra". Recentemente acaba de publicar o seu último libro: "Diez ensayos y un cuento".

En definitiva, Mariano Turiel de Castro é un home activo, cunha ocupación multidisciplinar. Trátase dun farmacéutico que vive a súa profesión con vocación e dedicación; e dun profesional dos medios de comunicación que cultiva, como un humanista clásico, os campos da literatura e da arte.

22 Outubro 2012
Eventos