Representación da obra teatral, dirixida por Sergio Martínez Vila, "PERFÍS", interpretada polos actores Mercedes Castro e Miquel Insua

Eventos
06/16/2015
06/16/2015
16/06/2015

Representación da obra teatral, dirixida por Sergio Martínez Vila, "PERFÍS", interpretada polos actores Mercedes Castro e Miquel Insua

-

Unha obra que mostra, analiza e garda no seu interior o conflicto das emocións, da nosa dificultade para expresar o verdadeiramente importante, os diferentes "tempos" en que algunhas veces nos atopamos as persoas, incluso buscando o mesmo.

"PERFÍS" conta a historia de dous solteiros de corenta e tantos anos, Fernando e Silvia, que deciden compartir piso cando esta pon en aluguer a habitación pequena da súa casa. Ambos son persoas desengañadas e cínicas, e viven moi a miúdo na irrealidade da súa pantalla de ordenador, en parte porque ese é o seu traballo (el é escritor e ela, tradutora), pero tamén porque non atopan o ánimo suficiente para emprender algo "real".

Aínda que os seus caracteres son máis ben opostos e non hai moitos lugares común para a intimidade, Silvia acaba recurrindo ao seu novo compañeiro de piso cando decide abrirse un perfil social en Internet. Deste modo, Fernando intentará converterse no seu mentor, aconsellándoa na difícil arte de conseguir unha boa cita a cegas, pero estas leccións de "virtualidade" non farán senón postergar os seus verdadeiros afectos por Silvia e afondar no seu profundo desequilibrio interior.

Sergio Martínez Vila é escritor e alterna a narrativa en prosa coa súa faceta como guionita e dramaturgo.

Recentemente co-escribiu o espectáculo "El banquete", dirixido por Sonia Sebastián e estreado en xullo de 2013 dentro do Fringe Madrid, así como a mostra experimental "Los No Lugares", coordinada polo dramaturgo José Manuel Mora e dirixida por Carlota Ferrer para as Naves del Español (Matadero de Madrid).

No seu haber, os volumes de contos "El salto (relatos para un gran cambio)" e "El mundo como podría haber sido", guións de longametraxe ("Pirámide", "Esclavos") e textos teatrais como "Vacaciones", "Palermo", "El alambre en la frente" e "Judit triunfante (o el océano contra las rocas)".

16 Xuño 2015
Eventos
Imaxes