SUMMUM DELICATESSEN. Presentación do proxecto GASTROARTE, un novo concepto que aúna exclusivas marcas gourmet de Galicia e a arte contemporánea galega

Eventos
10/08/2015
10/08/2015
08/10/2015

SUMMUM DELICATESSEN. Presentación do proxecto GASTROARTE, un novo concepto que aúna exclusivas marcas gourmet de Galicia e a arte contemporánea galega

-

Intervirá no acto Mila Castro, consultora de proxectos culturais en Bernardo Bringas Art Consulting; e o artista Manolo Ebra, expoñente da pintura galega contemporánea.

É imprescindible confirmar a asistencia en quenecesitas@summumdelicatessen.com ou no teléfono 610 162 076.

SUMMUM DELICATESSEN é unha empresa galega que se dedica á distribución dos máis emblemáticos e instaurados produtos galegos de calidade, ao tempo que realiza unha continua investigación de mercado na búsqueda do máis novo. O seu principal obxectivo é exportar ao mundo as bondades da nosa terra.

Nesta ocasión, preséntanos un concepto muy atractivo denominado "Gastroarte", que engloba por un lado produtos gourmet de Galicia e, por outro, unha obra de arte.

As obras de arte pertencen a artistas contemporáneos de recoñecido prestixio, que teñen a súa obra exposta nas principais coleccións e galerías do país. Nesta edición o pintor seleccionado é Manolo Ebra.

08 Outubro 2015
Eventos