19/05/2015
Aegama celebra na Casa de Galicia en Madrid o seminario "Xestión con intelixencia, emprende con cabeza"
A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), que preside Julio Lage, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seminario "Xestión" con intelixencia, emprende con cabeza", ao que asistiron moitos dos seus asociados.
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, deu a benvida á Casa de Galicia aos empresarios galegos e acompañoulles no inicio do seminario, que foi coordinado pola socia de Aegama Elia Picardo e do que foron relatores Javier Ontiveros, socio de Quid Qualitas, e Gema González, socia de Konnectare Values.
19 Maio 2015
Notas de prensa