Aegama celebra na Casa de Galicia en Madrid unha Xornada de Desenvolvemento Empresarial

Notas de prensa
07/07/2015
07/07/2015
07/07/2015

Aegama celebra na Casa de Galicia en Madrid unha Xornada de Desenvolvemento Empresarial

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a Xornada de Desenvolvemento Empresarial "Sen cambio nin metas non hai logro", na que o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, deu a benvida aos participantes.

Nela desenvolvéronse tres relatorios: "Da man de obra á xestión do coñecemento", por Luis Lorenzo, mentor e formador de Innovación Organizacional; "A construción do logro empresarial", por Juan Magariños, director de Coaching para enxeñeiros, e "Como vencer a resistencia ao cambio e fortalecer a motivación orientada ao logro", por Fran Martínez, director de Fran Martínez Consulting.

Os participantes tamén tiveron tempo para debater sobre o seu contido e realizar novos contactos profesionais.

07 Xullo 2015
Notas de prensa
Imaxes