22/06/2015
AEGAMA celebra na Casa súa Asemblea Anual
A Sala A da Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a Asemblea Anual da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid AEGAMA, ás 18:30 en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda. O acto constou de dúas partes. Na Primeira celebrouse a Asemblea Ordinaria con dous puntos: Analizar as actividades correspondentes ao ano 2014, tamén dende o aspecto económico con gastos e ingresos; e tamén realizar o Plan de acción de cara ao actual exercicio 2015, actividades, ingresos e gastos.
Como Asemblea xeral extraordinaria os socios procederon a celebrar eleccións para elixir a Xunta Directiva para os próximos 4 anos, dende 2015 a 2019 á que se presentou unha única candidatura. AEGAMA conmemora en 2015 os 25 anos da súa fundación.
22 Xuño 2015
Notas de prensa