Aegama celebra a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid

Notas de prensa
12/13/2012
12/13/2012
13/12/2012

Aegama celebra a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou esta tarde a súa reunión de Nadal na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde foron recibidos polo Delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

Madrid, 13 de decembro de 2012. - A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou esta tarde a súa reunión de Nadal na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde foron recibidos polo Delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

Nun sinxelo acto conducido polo locutor Elías Rodríguez, o presidente de Aegama, Julio Lage, afirmou que a Asociación seguirá apoiando en todo o posible ás empresas dos seus membros nestes tempos de crise económica, apuntando en especial á loita internacional para a que contan coas relacións de Aegama con outras asociacións empresariais galegas no exterior. Anunciou ademais que apoiarán fortemente o emprendimiento.

Neste sentido, Elías Rodríguez concretou a existencia dun novo programa, "Aegama emprende", iniciativa do seu novo vicepresidente, Silvia Catoira, que conta co apoio da empresaria Rosa González García, de Espectadia.

Para afastar o pesimismo da crise económica e recordar os obstáculos e dificultades superadas ao longo dos anos, Catoira seleccionou algunhas cancións de Fuxan os ventos que os asistentes ao acto escoitaron mentres se proxectaban fermosas imaxes de Galicia.

Acompañou os importantes empresarios que forman parte da Asociación o presidente da Cámara de Comercio de México en Madrid.

13 Decembro 2012
Notas de prensa
Imaxes