A aposta galega pola Intelixencia Artificial, na Casa de Galicia en Madrid
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o relatorio ‘IA A Coruña: a aposta da Coruña pola intelixencia artificial’, impartido pola profesora e expresidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial, Amparo Alonso Betanzos, e organizada pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita.
O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, que durante a súa intervención fixo referencia á importancia da regulación galega sobre a Intelixencia Artificial e salientou que Galicia está marcando a diferencia nesta materia a nivel europeo. Ademáis resaltou que “eventos coma este son unha oportunidade única para explorar cómo esta tecnoloxía pode transformar o futuro da nosa comunidade”.
A sala Emilia Pardo Bazán non foi abondo para acoller a todos os asistentes ao relatorio e tivo que habilitarse tamén a sala Álvaro Cunqueiro.