"Asalto de cabala. Como pez na auga", exposición de Gosia Trebacz na Casa de Galicia en Madrid

Notas de prensa
06/01/2011
06/01/2011
01/06/2011

"Asalto de cabala. Como pez na auga", exposición de Gosia Trebacz na Casa de Galicia en Madrid

"Asalto de cabala. Como pez na auga", a exposición de pinturas e fotografías que Gosia Trebacz mostra este mes na Casa de Galicia en Madrid trae ata nós as experiencias desta artista polaca de Cracovia, durante os últimos máis de dez anos, que leva afincada na Coruña, "transformadas en cadros", segundo a súa propia definición. "As obras son froito da xa longa década que fai que vivo na Coruña; alí estamos, inspirándonos no mar e creo que tamén evolucionando como artista", explicou na inauguración da exposición, que tivo lugar hoxe, acto no Trebacz tamén destacou que a mostra lle fai especial ilusión por canto de reencontro ten cos amigos que deixou en Madrid, onde viviu seis anos e os espazos artísticos a coñeceron.

Madrid, 1 de xuño de 2011. "Asalto de cabala. Como pez na auga", a exposición de pinturas e fotografías que Gosia Trebacz mostra este mes na Casa de Galicia en Madrid trae ata nós as experiencias desta artista polaca de Cracovia, durante os últimos máis de dez anos, que leva afincada na Coruña, "transformadas en cadros", segundo a súa propia definición. "As obras son froito da xa longa década que fai que vivo na Coruña; alí estamos, inspirándonos no mar e creo que tamén evolucionando como artista", explicou na inauguración da exposición, que tivo lugar hoxe, acto no Trebacz tamén destacou que a mostra lle fai especial ilusión por canto de reencontro ten cos amigos que deixou en Madrid, onde viviu seis anos e os espazos artísticos a coñeceron.

A artista foi presentada polo coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen apreciou que a exposición nos trae a Madrid, xunto ao calorazo que se coa nas nosas vidas polas fendas da cidade nestas datas, o frescor azulado do mar e do vento das costas do noroeste" e que nela somos asaltados sen remedio e de golpe polos peixes, que o poeta Xulio Valcárcel chama seres primordiais no prólogo ao catálogo" desta.

Resaltou así mesmo que "Gosia marcou ao longo da súa carreira artística sempre un paso firme e consolidador de etapas anteriores. Aquí, nestes cadros, vémola na abstracción, colaxe e imaxes fotográficas incluídas; se ben esta fase na que agora a miramos e admiramos é o resultado dunha grande evolución que parte do clásico, do figurativo derivado despois en expresionismo". "A nosa artista invitada adoita pintar aquilo que ten que ver coa súa vida, aínda que non o entendamos. Polo que é unha pintora da alma", engadiu.

Valcárcel aprecia que mirando aos peixes da obra de Trebacz "non" hai nada que entender, abonda a súa presenza para abranguer a densidade da súa mensaxe, ser á vez, e sen contradición, esencia e accidente, continente e contido". Tamén valora que a artista os pinta e fotografa "facendo seus, interiorizados, os dez anos de residencia en Galicia; dez anos de vivencias, de raíces e paisaxes iluminadas por atmosferas e mares de luz atlántica,".

A especialista en arte Mercedes Rozas di da obra de Trebacz que "se move nunha armazón aberta á complicidade, no que distintos ámbitos plásticos comparten o mesmo espazo. A pintura, a fotografía, o colage son procedementos que amplían o lugar do cadro, acentuando a idea de dimensionar a mensaxe visual ao estendelo máis alá dos límites tradicionais. Cada unha das súas pezas remata, así, por ofrecer vías multidireccionais".

01 Xuño 2011
Notas de prensa
Imaxes