A Asociación Española de Cidades da Pesca (Aecipe) celebrou a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

Notas de prensa
02/01/2013
02/01/2013
01/02/2013

A Asociación Española de Cidades da Pesca (Aecipe) celebrou a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

A Asociación Española de Cidades da Pesca (AECIPE), celebrou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, en sesión ordinaria, á súa Xunta Directiva e Asemblea Xeral, como xa fixese coas últimas reunións da Asociación.

Madrid, 1 de febreiro de 2013. - A Asociación Española de Cidades da Pesca (AECIPE), celebrou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, en sesión ordinaria, á súa Xunta Directiva e Asemblea Xeral, como xa fixese coas últimas reunións da Asociación.

Antes da Asemblea Xeral, tivo lugar a reunión da Xunta Directiva da AECIPE, presidida pola Deputación de Alicante e para a que se convocou a todo os seus membros: o Cabido de Lanzarote e as Deputacións de Pontevedra e Castelló como vicepresidencias e seis vocalías asumidas polos concellos de Cádiz, Santa Pola, Roquetas de Mar, Arrecife, Castelló e o Concello de Cambados, que organizou o encontro.

Tras a reunión da Xunta Directiva celebrouse a Asemblea Xeral, onde se aprobou a acta da sesión anterior, celebrada en Madrid o 2 de marzo de 2012, e se trataron asuntos relevantes, tales como o Plan de Actuacións da AECIPE para a anualidade 2013.

Durante a Asemblea Xeral, presentáronse varios proxectos que a Asociación acometerá durante a anualidade 2013, entre os que destacan: "Do mar á mesa", DVD divulgativo sobre a limpeza do peixe máis común do noso litoral; "Do mar á terra", libro pedagóxico que dá a coñecer os ecosistemas litorais e mariños, facendo unha especial incidencia na produción de alimentos provenientes da pesca extractiva e da acuicultura; e "Eliminación de descartes pesqueiros no ámbito litoral", proxecto que aborda a problemática dos descartes da pesca capturada polos barcos, elaborando normas internas e códigos de conduta, no sector pesqueiro.

Os responsables da Asociación foron recibidos na Casa pola coordinadora de Actividades Económicas, Ana Rodríguez Barrena, quen lles dió a benvida en nome do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que non puido facelo persoalmente por motivos de axenda.

O director xeral da AECIPE, Ángel Navarro, agradeceu publicamente aos representantes da Casa de Galicia e ao goberno da Xunta "a cortesía que sempre ten coa asociación, cedendo tan emblemático edificio para que AECIPE celebre a súa Asemblea", así como ao alcalde do Concello de Cambados "pola súa imprescindible colaboración".

Navarro concluíu afirmando que para o próximo ano a Asociación continuará coa campaña de sensibilización da AECIPE sobre a cultura do mar e a pesca entre os máis novos.

01 Febreiro 2013
Notas de prensa
Imaxes