A Asociación Ribeiros do Avia presentou os seus viños na Casa de Galicia
A Asociación Ribeiros do Avia, que agrupa ás firmas Finca Viñoa, Coto de Gomariz, Casal de Armán e Ailalá presentou hoxe os seus viños na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde durante tres horas os interesados puideron degustar os seus caldos, que xa se exportan a quince países e seguen en plena expansión de mercado, e escoitar as explicacións que sobre estes deron os seus produtores. Sumilleres, xornalistas e afeccionados, así como o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, puideron conversar cos protagonistas para coñecer de primeira man que características converten a esta zona de Galicia nunha rexión de máxima actualidade entre os expertos a pesar dos seus 800 anos de Historia.
Madrid, 23 de outubro de 2013. - A Asociación Ribeiros do Avia, que agrupa ás firmas Finca Viñoa, Coto de Gomariz, Casal de Armán e Ailalá presentou hoxe os seus viños na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde durante tres horas os interesados puideron degustar os seus caldos, que xa se exportan a quince países e seguen en plena expansión de mercado, e escoitar as explicacións que sobre estes deron os seus produtores. Sumilleres, xornalistas e afeccionados, así como o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, puideron conversar cos protagonistas para coñecer de primeira man que características converten a esta zona de Galicia nunha rexión de máxima actualidade entre os expertos a pesar dos seus 800 anos de Historia.
A Asociación, que dirixe Inma Pazos, naceu nos anos noventa coa filosofía de recuperar o tradicional Ribeiro, cos perfís propios e as variedades autóctonas. Como parte do seu programa anual de promoción, elixiu nesta ocasión a capital para dar a coñecer as novas anadas e novas marcas de catro das adegas máis importantes da Denominación de Orixe (DO) Ribeiro. Casal de Arman, Coto de Gomariz, Finca Viñoa e Ailalá son catro proxectos en mans dun equipo de novos empresarios moi inquedos, cun criterio alcanzado grazas á tradición das súas familias, que durante xeracións elaboraron os viños da DO con máis historia de Galicia.
As mesas, nas que tamén colaboraron os distribuidores en Madrid, estiveron a cargo de
José González Vázquez, representando á familia González Vázquez, donos da adega Casal de Arman e tamén Finca Viñoa; Miguel Montoto, director comercial de Coto de Gomariz, e Inma Pazos, directora de Ribeiros do Avia e de Ailalá-Ailalelo.
Casal de Arman é a casa familiar onde participan os seis irmáns González Vázquez e os seus pais. A adega e o precioso pazo, hoxe Casa Rural e restaurante, están situados en San Andrés de Camporredondo no Concello de Ribadavia.
Fundada en 1999, a adega Casal de Arman pasa por ser unha das marcas con maior prestixio do Ribeiro, presente nas cartas dos mellores restaurantes como símbolo do Ribeiro de Calidad.
Elaboran seis marcas con perfís diferentes a partir das súas viñas do Val do Avia. Viños que atesouran múltiples premios e recoñecementos nacionais e internacionais.
www.casaldearman.net
Finca Viñoa é un proxecto recente no que José González e o seu irmán Javier xunto con outros socios externos á súa familia crearon un viño a partir das uvas dun só terreo.
A Viñoa encóntrase na marxe dereita do Avia e recuperouse a partir de viñedos históricos do Ribeiro.
Finca Viñoa ten unha situación xeográfica privilexiada: das cotas máis altas do Ribeiro e orientación sur-sueste. É unha viña en terrazas onde crecen variedades autóctonas como a Treixadura, Godello, Albariño e Loureira baixo unhas condicións únicas, de maneira que se trata dun viño moi especial. É un proxecto novo e intrépido, pero que xa se exporta a varios países do mundo.
Coto de Gomariz pertence á familia Carreiro Álvarez e está situada en Gomariz, municipio de Leiro, coñecida como a Milla de Oro del Ribeiro.
Ricardo Carreiro pai empezou a elaborar o Coto de Gomariz, couto vitícola máis antigo da Península Ibérica, nos anos 70, despois da súa aventura en Sudamérica como tantos outros galegos da súa época.
O seu fillo Ricardo Carreiro Álvarez, recolle o legado no ano 2000, facéndose cargo da adega e renovando un proxecto que dende entón non parou de crecer e mellorar. As súas viñas están coidadas dende unha filosofía de respecto total ao medio e sitúanse nun enclave perfecto para a elaboración de viños de calidade. A adega é das máis modernas de Galicia e os seus viños desbordan personalidade.
www.cotodegomariz.com
Ailalá-Ailalelo é un proxecto que xorde da necesidade de crear unha marca nova e divertida que promova a principal uva do Ribeiro, a Treixadura, dende un punto de vista menos convencional.
Na súa curta vida, xa se exporta a seis países diferentes e pódese adquirir en varias provincias españolas. Está moi valorado por críticos e expertos.
www.ailalawine.com
Ribeiros do Avia agrupa estas catro adegas. Todas son da DO Ribeiro e todas elas teñen os seus viñedos no Val do Avia que se localiza na canle do río Avia entre Ribadavia ata case os límites do municipio de Carballiño. Tradicionalmente os viños das abas do Avia foron moi valorados pola súa calidade.
Inma Pazos dirixe Ribeiros do Avia dende a súa creación en 2009, para a promoción e internacionalización dos viños.
Actualmente exporta a quince países do mundo. Os viños de Ribeiros do Avia acumulan medallas e premios en todos os concursos máis importantes do sector e as máis altas puntuacións da rexión nas Guías de Viños.
www.ribeirosdoavia.com