Asomega celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia unha reunión da súa Xunta Directiva e a súa Asemblea Xeral anual
A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega), que preside Julio Ancochea, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha reunión da súa Xunta Directiva e a súa Asemblea xeral anual. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida aos directivos da Asociación e desexoulles un frutífero traballo.
No seu encontro, a Xunta Directiva acordou entregar o Premio Nóvoa Santos 2016 -que fallou o pasado 27 de abril a favor do doutor Bartolomé Burguera González, noutra reunión celebrada nas mesmas instalacións- en Santiago de Compostela, a petición do galardoado. Asomega entrega este premio alternativamente en Madrid e Santiago e este ano correspondía en Madrid pero fará unha excepción.
A Asemblea xeral abordou cuestións ordinarias do funcionamento da Asociación. Xa o ano pasado renovou á metade dos seus cargos directivos e o próximo ano renovará a outra metade, segundo está previsto nos seus estatutos.