Carrís Hoteis preséntase ao sector empresarial na Casa de Galicia de Madrid

Notas de prensa
06/17/2011
06/17/2011
17/06/2011

Carrís Hoteis preséntase ao sector empresarial na Casa de Galicia de Madrid

-

"É unha importante noticia que unha firma comercial, nunha etapa de crise como a actual, aposte por desenvolver en Galicia unha oferta hoteleira de grande importancia e en lugares estratéxicos", declarou o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na apertura do acto.

Madrid, 17 de xuño de 2011.- A nova cadea hoteleira galega Carrís Hoteles presentou hoxe o seu proxecto en Madrid a un grupo de empresarios de distintos sectores reunidos na sede da Casa de Galicia da capital española.

"É unha importante noticia que unha firma comercial, nunha etapa de crise como a actual, aposte por desenvolver en Galicia unha oferta hoteleira de grande importancia e en lugares estratéxicos", declarou o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na apertura do acto.

Foi un acto informal e distendido que contou coa presenza de José Cerdeira, o secretario xeral de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid), así como dos xefes de compras e travel managers de 14 grandes compañías, incluídas Telefónica, Schweppes, o grupo Hachette, Banco Sabadell ou Xaguar.

A cadea Carrís Hoteles S.L. estivo representada polo director de Operacións, Jorge Jáñez, e a directora comercial, Ana de Oliveira, quen fixo a presentación do grupo hoteleiro que está presente xa en Vigo, Ferrol Lugo e Sarria, e que, no que queda de ano, espera abrir outros catro establecementos hoteleiros en Santiago de Compostela, A Coruña, Porto e Ourense.

"Como cadea basicamente de hoteis urbanos, a vinculación do sector empresarial a Carrís é esencial", dixo de Oliveira, quen detallou o plan de expansión e os obxectivos a curto e medio prazo da cadea.

O encontro estivo precedido doutra presentación onte, xoves, tamén en Madrid, a representantes das grandes axencias e tour operadores turísticos.

Datos sobre Carrís:
Carrís Hoteles fúndase en 2006 con fondos propios e capital maioritariamente galego.

A principios de 2008 a cadea instalou a súa sede central nun dos lugares máis emblemáticos de Santiago de Compostela, na Praza do Toural, en pleno casco histórico, o que constitúe un valor engadido para a cadea.

O proxecto, dirixido polo novo empresario lucense Juan Viñas, iniciouse con dúas pequenas unidades hoteleiras en Lugo e hoxe en día conta con catro plenamente operativas e outras catro que se abrirán ao longo do presente ano.

Ademais de Lugo, Carrís Hoteles xa está presente en Ferrol (Carrís Almirante), Vigo (Carrís Beiramar) e Sarria (Carrís Alfonso IX).

No mes de xullo ten previsto abrir un quinto hotel en Santiago de Compostela (Carrís Casa de la Troya), en agosto outro na Coruña (Carrís Marineda), en novembro en Porto (Carrís Porto Ribeira) e en decembro en Ourense (Carrís Cardenal Quevedo).

A finais de 2011 Carrís Hoteles espera pechar a primeira fase de expansión cunhas 600 cuartos e despois de crear 350 empregos directos.

A medio prazo, ten como obxectivo converterse na cadea hoteleira de referencia da chamada Eurorrexión (Galicia e Norte de Portugal) para despois posicionarse tamén en grandes cidades como Madrid, Barcelona e Lisboa, e estenderse ao resto da península.

17 Xuño 2011
Notas de prensa
Imaxes