A Casa acolleu hoxe a presentación en Madrid do Grupo Literario Leiras Pulpeiro

Notas de prensa
03/17/2014
03/17/2014
17/03/2014

A Casa acolleu hoxe a presentación en Madrid do Grupo Literario Leiras Pulpeiro

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro, cun acto no que interviñeron Matías Escalera, Julia María Labrador, Xe Freyre, Ramón Reimunde. Ademais tamén asistiron a neta, o bisneto e a tataraneta de Manuel Leiras, María Luisa Contreras Leiras, Fernando Gómez Contreras e Marta Gómez Pérez.

No acto, presidido polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, estivo organizado polo profesor, escritor e crítico, Matías Escalera e iniciouse coa proxección dun breve audiovisual para dar a coñecer e difundir entre o público en xeral de Madrid, -cerca de medio cento de persoas-, os aspectos máis destacados da vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro.

O acto, presidido polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, estivo organizado polo profesor, escritor e crítico, Matías Escalera e iniciouse coa proxección dun breve audiovisual para dar a coñecer e difundir entre o público en xeral de Madrid, -cerca de medio cento de persoas-, os aspectos máis destacados da vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro.

Escalera leu unhas palabras do catedrático de Literatura Española e presidente da Asociación Española de Críticos Literarios, Angel Basanta, que non puido asistir por un problema familiar de última hora e nas que sinalaba o seu "apoio a un grupo, que nun tempo mercantilista como o actual achega unha xenerosa dedicación”.

A coordinadora do grupo, A filóloga, Julia María Labrador, explicou a orixe do grupo, que xurdiu tras un acto que conmemoraba o centenario do falecemento de Leiras, en 2012 e varias persoas desexaban prolongar o interese máis alá dun acto puntual. O Grupo Literario Leiras Pulpeiro foi constituído sobre a súa tumba, a xeito de homenaxe, o 7 de xullo de 2013, por un total de doce persoas: Ramón Reimunde, Xe Freire, Antonio Reigosa, César Morán, Isabel Morán, Fran Bouso, Jesús Chao, Ernesto González, Matías Escalera, Elías Noel Fernández, Julia María Labrador e José Luis Fernández Ansedes. Actualmente intégrano máis dunha trintena de profesionais do mundo das artes, a cultura ou a investigación, e o seu obxectivo foi e segue sendo reivindicar a figura do médico, poeta, político e humanista de Mondoñedo, (1854-1912), e de todo o relacionado coa bisbarra mindoniense.

Nas súas palabras, o historiador Xe Freyre, fixo unha descrición da época e da Galicia na que viviu Leiras, nunha rexión que perdera máis de 900 mil persoas pola emigración e sempre votaba aos liberais para que o representasen no Goberno. "Leiras non era un santo, pero predicaba co exemplo". Casouse polo Civil, o que provocou unha auténtica tormenta nun Mondoñedo que por outra parte era sede episcopal. Tamén deixou escrito o seu desexo de que o seu enterro fose Civil.

Para Ramón Reimunde, marino e catedrático de Literatura, "a ética sobrevive á estética e 100 anos despois as ideas de Leiras seguen vixentes", escribiu os seus poemas no galego popular porque para el o máis importante era chegar ao pobo. Sentía un grande amor por Galicia, por a súa lingua, a defensa da muller, a súa preocupación polos que sufrían e eran oprimidos. "Mondoñedo ama a Leiras e se van alí poden comprobalo”, dixo.

O acto rematou coa actuación do cantautor, profesor e escritor, César Morán e a audición do poema de Leiras, "Levádeme", musicado nos anos cincuenta polo compositor Rafael Rodríguez Albert, cuxa filla Beatriz púxose en contacto coa organización para agasallar este “documento histórico” e tamén  acudiu ao acto.

 Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, Lugo, 1854-1912),ademais de médico, foi un poeta en lingua galega e castelá moi singular, polo popular e sinxelo da súa poesía e polo extraordinario coñecemento e utilización da lingua galega do seu tempo, sobre todo no léxico. Non tiña ningunha pretensión de notoriedade, pois estaba máis preocupado porque a súa poesía sinxela chegase ao pobo e influíse nel coa súa denuncia das inxustizas sociais, que pola fama literaria.
Como médico, foi coñecido como "o médico dos pobres", pola súa xenerosidade para coas familias dos traballadores, e exerceu con esmero a súa profesión entre eles en tempos de extrema precariedade. Era fiel ás súas ideas, un home valente, republicano e anticlerical. Na súa tumba, visitada hoxe polos seus seguidores, di o seu epitafio: "Amou a verdade e practicou o ben".

No pé de foto do grupo están de esquerda a dereita: Matías Escalera, Julia María, Labrador, Ramón Jiménez, Fernando Gómez Contreras, Xe Freyre Marta Gómez Pérez, Ramón Reimunde Beatriz Rodríguez, César Morán con Mª Luisa Contreras Leiras, adiante

17 Marzo 2014
Notas de prensa
Imaxes