A Casa acolleu hoxe a presentación/degustación ante medios e profesionales de Bico de Xeado, helado artesán galego

Notas de prensa
10/27/2014
10/27/2014
27/10/2014

A Casa acolleu hoxe a presentación/degustación ante medios e profesionales de Bico de Xeado, helado artesán galego

A Casa de Galicia, delegación de á Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a presentación/ degustación de "Bico de Xeado" xeado artesán de alta calidade elaborado por Granxa O Cancelo, como unha atractiva e creativa aposta dentro sector lácteo. O obxectivo do acto foi dar a coñecer este novo produto, -formulado non só como postre senón tamén para preparacións culinarias, acompañamento e realce doutros pratos-, entre medios de comunicación especializados e profesionais do sector hostaleiro.

Na presentación interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega López; o presidente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña José María Calo Faraldo e o equipo de restauración de a Granxa O Cancelo: Sabela Ferreiro e José Luis Otero.

"Un bico de xeado é un suspiro de amor, acaso unha brisa fresca que refresca, que alegra o padal, que comprace sempre coa caricia dun bico, e ademais co sabor que alimenta", dixo Ónega tras as súas palabras de benvida.

Para Calo Faraldo, esta é unha aposta "atractiva e creativa, co leite das nosas vacas como materia prima, á que se engaden unicamente ingredientes naturais". Na Granxa O Cancelo, que pertence á Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, puxeron en marcha este proxecto para diversificar o sector lácteo tradicional e "fabricar xeados de máxima calidade, artesáns e comerciables", non en van, Galicia produce o 40% do leite de España.

A proxección dun audiovisual deu a coñecer as instalacións nas que están as vacas, "onde viven como raíñas" e onde teñen todos os coidados, dende unha alimentación coidada, duchas para refrescalas en verán e ata rolos se cepillos onde resgarse e masaxearse cando o desexan.

Na degustación, Otero realizou varias receitas de exemplo, como mexillóns con xeado de limón, torta de Santiago con xeado de licor café ou un refrescante xugo de sandía con xeado de nata, que o mesmo podería ser sobremesa que aperitivo. "O leite foi un produto, se me permiten dicilo, moi maltratado", dixo Otero e "estes xeados son unha saída digna ao leite puro".

Pola súa parte, Sabela Ferreiro foi describindo para a degustación os diferentes ingredientes e matices dos sabores como amorodo, chocolate, mazá, turrón, plátano, doce de leite, vainilla, limón ou iogur..., a forma de elaboración e todo o proceso no que "ninguén escatima tempo nin esforzo e iso creemos que se nota no produto final".

 

Máis información: www.bicodexeado.com

27 Outubro 2014
Notas de prensa
Imaxes