A Casa acolleu a mesa redonda "Unha mirada dende dentro. Como se constrúe un personaxe" organizada polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, dentro do ciclo dedicado á Prensa do Corazón

Notas de prensa
02/24/2014
02/24/2014
24/02/2014

A Casa acolleu a mesa redonda "Unha mirada dende dentro. Como se constrúe un personaxe" organizada polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, dentro do ciclo dedicado á Prensa do Corazón

"O que non quere saír, non sae", afirmaron categoricamente os profesionais esta tarde na Casa de Galicia na mesa redonda: "Unha mirada dende dentro. Como se constrúe un personaxe", dentro do ciclo que organiza o Club de Xornalistas Galegos en Madrid dedicado á Prensa do Corazón. No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, interviñeron o comunicador galego e especialista en crónica social, Josemi Rodríguez-Sieiro; a redactora xefe da revista "Dez Minutos", Rosa María Ballarín Borruel e a xornalista Pilar Falcón, presidenta do Club e coordinadora do ciclo.

Na presentación, Ónega ofreceu os aspectos máis relevantes da traxectoria profesional dos integrantes da mesa. José Miguel Rodríguez-Sieiro e Rodríguez-Vila, naceu en Vigo, onde cursou bacharelato no Colexio Labor e no Colexio Estudio de Madrid; e despois Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Tras dedicarse a diversos negocios relacionados co petróleo e a medicina a través da Clínica Biotonus de Montreux, en Suíza, canalizou posteriormente a súa actividade profesional cara ao mundo da comunicación. Dende entón, nos primeiros anos da década dos noventa, que empezou con María Teresa Campos, foi asiduo de diferentes programas e cadeas comentando a actualidade social. En 2005, recibiu o Micrófono de Ouro polo seu labor na radio e en 2009 a "Antena de Ouro".

Pola súa banda, Rosa Ballarín Borruel é dende hai quince anos redactora-xefe da revista DEZ MINUTOS, onde coordina o funcionamento da Redacción, as súas planificacións e traballos, edición e corrección, así como a comunicación cos departamentos de Arte e Publicidade. Tamén foi seis anos redactora-xefe da revista ELLE.

Josemi explicou que, actualmente é colaborador de Carlos Herrera en Onda Cero, e non fai televisión, porque “non me interesa nada o que se fai agora. Afortunadamente podo decidir e non teño ningún interese na xente que sae, coa que non teño que ver nada e non me dá a gana falar do neno da Pantoja". Noutro momento dixo que "a televisión matou a galiña dos ovos de ouro e a xente que se preza, foxe de todo iso”. "A incultura non me achega nada", dixo.

Rosa Ballarín fixo unha breve pero clarificadora exposición, tomando como exemplos tres personaxes asiduos das portadas, como Belén Esteban -dende que se fixo famosa polo seu romance ata agora, cun libro que vai pola cuarta edición-; Penélope Cruz, pola súa faceta de actriz pero que defende a súa intimidade e só saen fotos súas cando está en lugares públicos- e Isabel Preysler, que segue estupenda. Para Ballarín, que asegurou que a súa publicación non compra exclusivas, a decisión de que un "famoso de novo cuño" salia ou non depende do interese do público que é quen marca o que vende e o que non.

No coloquio, tanto Josemi coma Ballarín coincidiron en afirmar que "quen non quere saír, non sae", e como exemplo están a familia de Carmen Martínez Bordiu, que ninguén sabe os que son, mentres que ela tomou outra decisión.

Ballarín engadiu que unha das características deste tipo de prensa, cuxos protagonistas iniciais eran Casas Reais e artistas de cine, é que "é amable con todo o mundo, mesmo con potenciais delincuentes -como o fillo de Ortega Cano -. "Eu son unha profesional do periodismo do corazón, ou prensa de entretemento" e explicou que nela trabállase cos mesmos condicionantes que en calquera outra especialidade.

Nas súas palabras, Pilar Falcón explicou, con datos do último EGM, que a prensa do corazón, -as revistas, Lecturas, Hola, Semana e Diez Minutos- venden seis millóns de exemplares cada semana, feito que a converte no sector máis importante e nun fenómeno sociolóxico, tanto na rúa coma na universidade, onde se estuda como tal. Tamén sinalou que Diez Minutos contou entre os seus colaboradores nomes tan ilustres como Emilio Romero, Eduardo Sotillos, Camilo José Cela ou José Luis Balbín.

24 Febreiro 2014
Notas de prensa
Imaxes